Entradas

O saber no fogar non ocupa lugar

Logo de catro meses de traballo, o noso proxecto para a materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria por fin ve a luz. A páxina web "O saber no fogar non ocupa lugar" é para nos moito máis que unha tarefa de aula. É un reflexo do esmero co que nos enfrentamos a un ámbito ao que, como indicabamos na primeira publicación do blog, nos xeneraba moito respecto: as tecnoloxías. Poder comprobar o propio progreso non fai senón que nos sintamos orgullosos da nosa implicación, pero tamén agradecidos de poder ter cursada unha materia tan valiosa. Aínda que sexa unha mágoa dicilo, esta sensación de que aprendemos cousas útiles de cara ao futuro profesional non a experimentamos co resto de disciplinas do grao en Educación Primaria ou, polo menos, na mesma medida. Agardamos que o empeño que puxemos quedara plasmado nos resultados e que esta web sexa proveitosa e enriquecedora para as mestras, mestres, alumnas, alumnos. Con esta entrada e a ligazón que vos deixamos ao sitio w...

Iniciándonos na aventura das WebQuest

Para os membros do grupo Fuga de Cerebros, as WebQuest son un recurso do máis novidoso. No noso paso polo sistema educativo como alumna e como alumnos, ningún de nós tivo experiencias previas con este tipo de actividades. Xa meténdonos no rol de docentes, comprobamos de primeira man que as WebQuest supoñen todo un desafío, tanto para quen se enfrenta a elas, como para quen as crea! Escollemos unha temática que, se ben aínda vivindo nunha sociedade en teoría avanzada como a nosa, segue a xerar polémica: os estereotipos de xénero da infancia. Consideramos que é fundamental dar visibilidade a unha realidade que sempre estivo aí, pero que se ten tratado como un tema tabú. Agardamos que o reto proposto no estea á altura das vosas expectativas! Para acceder á WebQuest, prema na seguinte ligazón: https://sites.google.com/view/webquest-estereotipos-de-xnero/portada

A nosa experiencia creando un libro de actividades interactivas

Dúas semanas de confinamento equivalen a dúas semanas de plena produtividade; produtividade que invertimos na creación dun libro de actividades interactivas. Esta experiencia resultou moi enriquecedora, no sentido de que nos abriu as portas a unha ampla variedade de ferramentas coas que crear todo tipo de actividades. Se ben é certo que a oportunidade de empregar un software educativo viuse limitada pola conectividade a internet que requiren os recursos, ao mesmo tempo, este "contratempo" brindounos a posibilidade de experimentar con diversas webs orientadas ao deseño de actividades. Iria Rodríguez Rodríguez Kahoot!, Kubbu e Educaplay foron as tres ferramentas que utilicei para crear a actividade.  A primeira gustoume especialmente pola facilidade de uso e a atractiva estética que ofrece. Aínda que de entre as tres webs, Kahoot! sexa a que ofrece un rango inferior no que á tipoloxía de actividades respecta, penso que tamén aporta moito dinamismo á hora de aplicalo ...

Achegámonos á cociña a través dun videotutorial

Na sesión do 3 de marzo de Novas Tecnoloxías decidimos cómo íbamos abordar a temática do noso proxecto a través dun recurso audiovisual. Decantámonos por realizar un vídeotutorial sobre unha receta de cociña. Neste caso, trátase dun postre saudable e sinxelo de preparar. Tomamos esta decisión porque é un procedemento breve que nos permite integrar varios contidos ao mesmo tempo: promovemos hábitos saudables, realizaremos un problema matemático cos precios, introduciremos o inglés nos ingredientes. Ademáis, é un coñecemento útil que poden empregar na súa vida cotiá. Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo:  https://youtu.be/u8kx3VB0f6E 

O póster: o que nos aportou a súa elaboración

Imagen
Na clase de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria do 18 de febreiro encargámonos de crear un póster para o noso futuro proxecto: unha páxina web sobre recursos educativos dixitais relacionados co fogar.  Tras navegar por Internet na procura de material, atopámonos cun abundante e variado repertorio que nos permitiu incorporar xogos, vídeos... Non obstante, consideramos que a maioría dos recursos teñen un enfoque simplista e pouco innovador. Centrámonos en realizar unha selección adecuada, que permita a nenos e nenas aprender coñecementos útiles de forma divertida. Este é o resultado do noso traballo, que fixemos no sitio web de ferramentas de deseño gráfico Canva:

Como nace a idea deste proxecto?

Tras reflexionar sobre os posibles ámbitos que quizá o neno/a non coñeza e non se toquen tanto na aula, chegamos a conclusión de que o propio fogar no que viven ofrece un amplo abano de posibilidades para traballar os contidos da escola, ao mesmo tempo que aprenden sobre el e a desenvolverse no mesmo. Por esa razón, decidimos deseñar unha páxina web na que se integren distintas materias por medio de actividades didácticas relacionadas co entorno doméstico. Para documentarnos e inspirarnos, recurriremos a outras páxinas web educativas, blogs de mestres e mestras, vídeos de YouTube e outros materiais audiovisuais. O noso obxectivo é elaborar recursos de calidade para que o neno aprenda de forma lúdica e dinámica. 

Que esperamos desta materia?

Iria Rodríguez Rodríguez A materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria preséntase como unha oportunidade única de traballar contidos académicos e de interese xeral dunha maneira interactiva, divertida e significativa. Aínda que as TIC son un asunto pendente na miña formación, considero que esta experiencia pode aportarme multitude de recursos para a miña futura práctica profesional. O medo de non estar á altura dos mínimos que se esixen e suspender está presente en todo momento, pero como todo reto, conto con aprender del e facilitar, nun futuro, a aprendizaxe doutros. David Sotelo Nogueiras Penso que para min as TIC é unha materia pendente na miña formación, debido a que a miña experiencia e traballo é escaso. Penso que esta materia podeme axudar a gañar un abano de opcións para na actualidade  e nun futuro sepa manexarme e incluso realizar traballos e saber moverme cunha maior soltura e eficacia. Fernando Toja Oróns A primeiras instancias esta materia ...