A nosa experiencia creando un libro de actividades interactivas

Dúas semanas de confinamento equivalen a dúas semanas de plena produtividade; produtividade que invertimos na creación dun libro de actividades interactivas. Esta experiencia resultou moi enriquecedora, no sentido de que nos abriu as portas a unha ampla variedade de ferramentas coas que crear todo tipo de actividades. Se ben é certo que a oportunidade de empregar un software educativo viuse limitada pola conectividade a internet que requiren os recursos, ao mesmo tempo, este "contratempo" brindounos a posibilidade de experimentar con diversas webs orientadas ao deseño de actividades.

Iria Rodríguez Rodríguez

Kahoot!, Kubbu e Educaplay foron as tres ferramentas que utilicei para crear a actividade. 
A primeira gustoume especialmente pola facilidade de uso e a atractiva estética que ofrece. Aínda que de entre as tres webs, Kahoot! sexa a que ofrece un rango inferior no que á tipoloxía de actividades respecta, penso que tamén aporta moito dinamismo á hora de aplicalo na aula, permitindo ao profesor comprobar de xeito inmediato os progresos do alumnado. 
Nun primeiro momento, atopei algunhas dificultades para manexar Kubbu por ser unha páxina en inglés. A pesar diso, acabei por desenvolverme perfectamente nela grazas ás detalladas instruccións que proporciona. Permite iniciarse na creación de recursos sinxelos: en 5 minutos podes ter unha actividade rematada.
Por último quero falar dunha ferramenta que, con toda probabilidade, empregarei no meu futuro profesional. Refírome a Educaplay, un sitio web completísimo ao meu parecer. Nela podemos crear unha ampla variedade de recursos para os que hai centos de exemplos e nos que engadir imaxes, pero tamén archivos de vídeo e audio. Un detalle moi positivo, baixo o meu punto de vista, é que a páxina esixe uns criterios mínimos de calidade para publicar as actividades. Asimesmo, dá un paso máis nas instruccións de uso e incopora tutoriais nos que explica cómo crear os diferentes recursos.

Fernando Toja Oróns

As ferramentas coas que eu experimentei para crear as actividades foron Educaplay  e H5P.
As primeiras actividades realiceinas en Educaplay, esta plataforma pareceume moi completa e verdaderamente útil, xa que se ningún coñecemento previo podes empregar esta plataforma e crear ou realizar  actividades moi boas e entretidas.
Por outra parte para probar tentei de facer outra actividade en H5P e pareceume bastante mais complexo e algo ineficiente para persoas sen coñecemento, ainda que considero para persoas con experiencia pode ser moito máis útil que otras.
Aínda que sen lugar a dúbidas das dúas plataformas que tentei empregar, a que más me gustou foi Educaplay e de seguro que nun futuro a seguirei empregando xa que paréceme moi útil para calquera situación.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O póster: o que nos aportou a súa elaboración

Achegámonos á cociña a través dun videotutorial

Como nace a idea deste proxecto?