Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

O póster: o que nos aportou a súa elaboración

Imagen
Na clase de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria do 18 de febreiro encargámonos de crear un póster para o noso futuro proxecto: unha páxina web sobre recursos educativos dixitais relacionados co fogar.  Tras navegar por Internet na procura de material, atopámonos cun abundante e variado repertorio que nos permitiu incorporar xogos, vídeos... Non obstante, consideramos que a maioría dos recursos teñen un enfoque simplista e pouco innovador. Centrámonos en realizar unha selección adecuada, que permita a nenos e nenas aprender coñecementos útiles de forma divertida. Este é o resultado do noso traballo, que fixemos no sitio web de ferramentas de deseño gráfico Canva:

Como nace a idea deste proxecto?

Tras reflexionar sobre os posibles ámbitos que quizá o neno/a non coñeza e non se toquen tanto na aula, chegamos a conclusión de que o propio fogar no que viven ofrece un amplo abano de posibilidades para traballar os contidos da escola, ao mesmo tempo que aprenden sobre el e a desenvolverse no mesmo. Por esa razón, decidimos deseñar unha páxina web na que se integren distintas materias por medio de actividades didácticas relacionadas co entorno doméstico. Para documentarnos e inspirarnos, recurriremos a outras páxinas web educativas, blogs de mestres e mestras, vídeos de YouTube e outros materiais audiovisuais. O noso obxectivo é elaborar recursos de calidade para que o neno aprenda de forma lúdica e dinámica. 

Que esperamos desta materia?

Iria Rodríguez Rodríguez A materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria preséntase como unha oportunidade única de traballar contidos académicos e de interese xeral dunha maneira interactiva, divertida e significativa. Aínda que as TIC son un asunto pendente na miña formación, considero que esta experiencia pode aportarme multitude de recursos para a miña futura práctica profesional. O medo de non estar á altura dos mínimos que se esixen e suspender está presente en todo momento, pero como todo reto, conto con aprender del e facilitar, nun futuro, a aprendizaxe doutros. David Sotelo Nogueiras Penso que para min as TIC é unha materia pendente na miña formación, debido a que a miña experiencia e traballo é escaso. Penso que esta materia podeme axudar a gañar un abano de opcións para na actualidade  e nun futuro sepa manexarme e incluso realizar traballos e saber moverme cunha maior soltura e eficacia. Fernando Toja Oróns A primeiras instancias esta materia ...