Como nace a idea deste proxecto?

Tras reflexionar sobre os posibles ámbitos que quizá o neno/a non coñeza e non se toquen tanto na aula, chegamos a conclusión de que o propio fogar no que viven ofrece un amplo abano de posibilidades para traballar os contidos da escola, ao mesmo tempo que aprenden sobre el e a desenvolverse no mesmo. Por esa razón, decidimos deseñar unha páxina web na que se integren distintas materias por medio de actividades didácticas relacionadas co entorno doméstico.
Para documentarnos e inspirarnos, recurriremos a outras páxinas web educativas, blogs de mestres e mestras, vídeos de YouTube e outros materiais audiovisuais. O noso obxectivo é elaborar recursos de calidade para que o neno aprenda de forma lúdica e dinámica. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

O póster: o que nos aportou a súa elaboración

Achegámonos á cociña a través dun videotutorial