Iniciándonos na aventura das WebQuest

Para os membros do grupo Fuga de Cerebros, as WebQuest son un recurso do máis novidoso. No noso paso polo sistema educativo como alumna e como alumnos, ningún de nós tivo experiencias previas con este tipo de actividades. Xa meténdonos no rol de docentes, comprobamos de primeira man que as WebQuest supoñen todo un desafío, tanto para quen se enfrenta a elas, como para quen as crea! Escollemos unha temática que, se ben aínda vivindo nunha sociedade en teoría avanzada como a nosa, segue a xerar polémica: os estereotipos de xénero da infancia. Consideramos que é fundamental dar visibilidade a unha realidade que sempre estivo aí, pero que se ten tratado como un tema tabú. Agardamos que o reto proposto no estea á altura das vosas expectativas!

Para acceder á WebQuest, prema na seguinte ligazón:

Comentarios

Entradas populares de este blog

O póster: o que nos aportou a súa elaboración

Achegámonos á cociña a través dun videotutorial

Como nace a idea deste proxecto?