Que esperamos desta materia?
Iria Rodríguez Rodríguez
David Sotelo Nogueiras
Fernando Toja Oróns
Jorge Rodríguez Álvarez
A materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria preséntase como unha oportunidade única de traballar contidos académicos e de interese xeral dunha maneira interactiva, divertida e significativa. Aínda que as TIC son un asunto pendente na miña formación, considero que esta experiencia pode aportarme multitude de recursos para a miña futura práctica profesional. O medo de non estar á altura dos mínimos que se esixen e suspender está presente en todo momento, pero como todo reto, conto con aprender del e facilitar, nun futuro, a aprendizaxe doutros.
Penso que para min as TIC é unha materia pendente na miña formación, debido a que a miña experiencia e traballo é escaso. Penso que esta materia podeme axudar a gañar un abano de opcións para na actualidade e nun futuro sepa manexarme e incluso realizar traballos e saber moverme cunha maior soltura e eficacia.
Fernando Toja Oróns
A primeiras instancias esta materia parece moi interesante, ainda que o que me preocupa é non ser capaz de seguir o ritmo de aprendizaxe xa que non se me dan moi ben as novas tecnoloxías. A pesar disto as expectativas que teño postas nesta materia son bastante optimistas, e espero aprender as bases para poder aplicar as TIC nas aulas e así poder realizar clases interactivas e divertidas,mediante o uso das novas tecnoloxías.
Para min as TIC é unha materia de importancia para a formación, posto que nos ofrece múltiples formas para mellorar na nosa profesión como futuros mestres. Ademais, os coñecementos que obteremos grazas a esta materia axudarannos a dinamizar as nosas aulas para que así sexa máis entretido para os nenos e nenas.
Comentarios
Publicar un comentario