O póster: o que nos aportou a súa elaboración
Na clase de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria do 18 de febreiro encargámonos de crear un póster para o noso futuro proxecto: unha páxina web sobre recursos educativos dixitais relacionados co fogar. Tras navegar por Internet na procura de material, atopámonos cun abundante e variado repertorio que nos permitiu incorporar xogos, vídeos... Non obstante, consideramos que a maioría dos recursos teñen un enfoque simplista e pouco innovador. Centrámonos en realizar unha selección adecuada, que permita a nenos e nenas aprender coñecementos útiles de forma divertida. Este é o resultado do noso traballo, que fixemos no sitio web de ferramentas de deseño gráfico Canva:

Comentarios
Publicar un comentario