O saber no fogar non ocupa lugar
Logo de catro meses de traballo, o noso proxecto para a materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria por fin ve a luz. A páxina web "O saber no fogar non ocupa lugar" é para nos moito máis que unha tarefa de aula. É un reflexo do esmero co que nos enfrentamos a un ámbito ao que, como indicabamos na primeira publicación do blog, nos xeneraba moito respecto: as tecnoloxías. Poder comprobar o propio progreso non fai senón que nos sintamos orgullosos da nosa implicación, pero tamén agradecidos de poder ter cursada unha materia tan valiosa. Aínda que sexa unha mágoa dicilo, esta sensación de que aprendemos cousas útiles de cara ao futuro profesional non a experimentamos co resto de disciplinas do grao en Educación Primaria ou, polo menos, na mesma medida. Agardamos que o empeño que puxemos quedara plasmado nos resultados e que esta web sexa proveitosa e enriquecedora para as mestras, mestres, alumnas, alumnos. Con esta entrada e a ligazón que vos deixamos ao sitio web, despedímonos do blog de Fuga de Cerebros. Grazas por acompañarnos neste percorrido!
https://osabernofogarnonocupalugar.wordpress.com/
https://osabernofogarnonocupalugar.wordpress.com/
Comentarios
Publicar un comentario